Pontevedra empápase do ambiente da mellor ximnasia rítmica nacional
Por Mónica Patxot
A elite da ximnasia rítmica nacional xa está en Pontevedra para participar, dende este venres, no Campionato de España de Clubs e Autonomías.
Durante toda a xornada do xoves os tapices instalados no Recinto Feiral acolleron a un regueiro de deportistas, preto de 500 participan na cita, na xornada oficial de adestramento.
A competición arranca este venres ás 9:00 horas coas probas benxamín e infantil de corda e júnior e sénior de aro, mentres a partir das 16:00 horas será quenda do aro infantil, corda júnior, mazas alevín e mazas en idade sénior.
Para o sábado, en horario matinal, quedan a pelota benxamín e infantil, aro alevín e as mazas júnior. Pola tarde a competición centrarase nas mazas infantil e sénior e na pelota júnior.
Xa o domingo, dende as 9:00 horas e só de mañá, se disputarán as finais de todas as categorías.
Será a primeira cita importante coa ximnasia rítmica na cidade pero non a única, porque de novo baixo a orgnización do Club Treboada, a próxima semana se celebrará o Campionato de España Individual no que participarán as figuras nacionais deste deporte, como as ximnastas internacionais Carolina Rodríguez e Natalia García.
Relacionadas:
-
Vibrante inicio de competición no Campionato de España Individual de rítmica
Por Diego Torrado |
-
Sen apenas descanso chega a Pontevedra a segunda gran cita coa ximnasia rítmica nacional
Por Diego Espiño |
-
Exitoso peche de competición no Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica
Por Diego Torrado |
-
O Recinto Feiral, a punto para recibir os campionatos de España de ximnasia rítmica
Por Redacción |
-
A alta participación prevista obriga a ampliar un día de competición no Nacional de Ximnasia Rítmica
Por Redacción |
-
Concello e clubs de ximnasia ultiman a organización dos campionatos de España de rítmica
Por Redacción |