Silvia Aguete deixa o Poio FS e retírase da competición
Por Redacción
O Poio Fútbol Sala perderá a final de tempada a un dos seus piares, a gardameta Silvia Aguete, que decidiu retirarse a competición.
Farao tras o partido da última xornada de liga de Primeira División que o seu equipo xoga este sábado na casa ante o Móstoles.
Silvia decide colgar as zapatillas malia gozar da máxima categoría e converterse nunha futbolista habitual das convocatoria da Selección Española, coa que chegou a acudir o Torneo Mundial en Costa Rica.
A principal causa, segundo explicou a propia Silvia Aguete en declaracións a Radio Pontevedra, é dar prioridade á súa vida laboral porque "de este deporte no se puede vivir, así que hay que buscarse otras opciones de futuro".
A xogadora pontevedresa explicou ademais que as horas de adestramento e os longos desprazamentos facían difícil conciliar o traballo coa súa vida deportiva.