Morenín deixa o Poio Fútbol Sala para adestrar o Toulouse da segunda división francesa
Por Diego Espiño
O Poio Fútbol Sala viuse obrigado a buscar un novo adestrador para o seu primeiro equipo, que competirá un ano máis na Primeira División Feminina, tras confirmase a saída de Gonzalo Iglesias 'Morenín'.
O ata agora técnico vermello decidiu aceptar unha oferta do Toulouse francés masculino, que milita na segunda visión gala, para facerse cargo do equipo durante as próximas tres tempadas.
Morenín, designado polos seus compañeiros de profesión como mellor adestrador da tempada, comunicou o club a pasada semana que contaba con esta oferta e dende o Poio "le animamos a que la aceptara", recoñece o presidente Juanjo García ante a oportunidade persoal e profesional que se lle abría.
Agora a directiva vermella traballa en encontrar recambio para o banco, aínda que "ya teníamos en agenda otros perfiles de entrenadores", explica García.
O presidente do club asegura que as xestións están xa moi avanzadas e conta con poder confirmar a contratación do novo técnico antes do venres, un adestrador que se implicará en maior medida na estrutura de base do club.