O Cidade das Burgas leva o duelo galego ante o Poio FS (5-2)
Por Redacción
O segundo clasificado da Primeira División Feminina de fútbol sala, o Cidade das Burgas, tivo que empregarse a fondo para superar o Poio FS en Ourense (5-2).
O equipo vermello, que xa non se xogaba nada, non comezou moi acertado e aos tres minutos víase xa por debaixo no electrónico, desvantaxe que se ampliaría de penalti aos 11 minutos.
Non obstante as futbolistas adestradas por Morenín mantiveron a tensión para igualar grazas a un tanto en propia meta e outro de Charo no 14.
O partido volvía empezar, pero Vane antes do descanso aproveitaba un balón rexeitado para poñer de novo as locais por diante.
Tras o descanso o choque caracterizouse por unha grande igualdade ata o que Poio arriscou en busca do empate. Morenín apostou por xogar de cinco e Cidade das Burgas sentenciou con dous goles dende campo propio.
Este resultado, a falta dunha xornada para o final da liga, deixa o Poio na décima praza con 33 puntos.
CIDADE DAS BURGAS (5): Antía; Candela, Peke, Lucía Nesepreira, Vane -cinco inicial- Iria, María Arias, Sonia.
POIO FÚTBOL SALA (2): Irene; Yoli, Jenny, Souza, Charo -cinco inicial- Claudia, Zulú, Nerea Moldes, Elena.
Árbitros: Crestelo Blanco e Novoa García. Amoestaron a Sonia nas locais e a Yoli e Zulú no Poio.
Goles: 1-0 Lucía Nespereira (min.3), 2-0 Iria de penalti (min.11), 2-1 Lucía Nespereira en p.p. (min.11), 2-2 Charo (min.14), 3-2 Vane (min.19), 4-2 Peke (min.38), 5-2 Iria (min.40).
Incidencias: Partido disputado no Pavillón dos Remedios de Ourense.