O Cisne reláxase pensando no play-off e déixase soprender (27-29) polo Luceros
Por Redacción
Saíu o Cisne sen a tensión necesaria para afrontar un partido fronte a un rival incómodo como o Luceros de Cangas e o pagou coa primeira e única derrota da tempada no seu feudo, precisamente no partido que pechaba a liga regular co título para o equipo pontevedrés.
Os de Edín Covelo, posiblemente coa mente posta máis no próximo play-off de ascenso, fixeron unha frouxa primeira parte. Tras uns comezos de igualdade, un primeiro parcial de 0-5 para os visitantes permitiulles tomar vantaxe (2-7) cando só se levaban disputados sete minutos de partido. Foi como o aviso de que non sería a mellor tarde para os locais.
Ao descanso mantíñase esa diferenza de cinco arriba para os de Cangas que, malia a reacción do Cisne na segunda metade, lograron manterse sempre por diante, sen permitir en ningún momento que os pontevedreses se achegasen a menos de dous goles.
BM CISNE (27): Pablo Galán, Santiago Cuenca, Toño Lafuente; Iván Abilleira (5), Pepe Camiña (1), Álex Chan (3), Edu Covelo, Bruno Montesinos (1), Pablo Picallo (2), Pablo Rey, Carlos Rodríguez, Andrés Sánchez (7), Miguel Simón, Javi Vázquez (3) e Pablo Vidal (5).
LUCEROS (29): Salazar, Anxo Dopazo; Abal, Barreiro (1), Camiña (2), Pablo Castro (3), Joel (3), Daniel García, Daniel Gómez, Manuel Ángel Iglesias (7), Xairo Mariño, Menduiña (10), Daniel Sierra, Miguel Trigo (3) e Ángel Rodríguez.
Árbitros: Pablo Álvarez Vázquez e Lucas Crespo Gómez (Galicia). Excluíron dous minutos a Álex Chan (2), Andrés Sánchez (2), Miguel Simón e Pablo Vidal (2), polos locais, e a Barreiro, Daniel Gómez e Miguel Trigo (2), polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-4, 4-8, 7-9, 8-13, 8-15, 12-17 (descanso), 15-20, 18-20, 20-22, 22-24, 25-27 e 27-29 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 70 espectadores.
Relacionadas:
-
O Cisne publica o prezo de abonos e entradas para a fase de ascenso
Por Redacción |
-
O Cisne xogarase o ascenso a División de Honra Prata na casa
Por Diego Espiño |
-
Unha mala arbitraxe axuda ao Seis do Nadal a desfacerse (26-25) do Cisne
Por Redacción |
-
Campións! O Cisne sentencia a liga regular ao impoñerse con comodidade (34-22) ao BM Ártabro
Por Ramiro Espiño |
-
Xornada de portas abertas ante o Ártabro para empurrar o Cisne a fase de ascenso
Por Redacción |