Pontevedra pelexará por ser unha das sedes do Mundobasket feminino 2018
Por Diego Espiño
"Nos candidatamos para ser unha das sedes do Campionato do Mundo de baloncesto feminino 2018". Con esta afirmación o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, confirmou o próximo reto da cidade en organización de eventos deportivos.
Pontevedra remitiu por escrito á Federación Española de Baloncesto, organizadora do Mundobasket feminino 2018, o seu desexo de ser unha das subsedes do campionato "agardando que se nos teña en conta".
O anuncio produciuse aproveitando a presenza do presidente da Federación Galega (Fegaba), Francisco Martín, debido á firma do convenio para a organización do Campionato de España Infantil feminino.
Francisco Martín (Fegaba): "Hay interés en que Pontevedra sea la sede que represente al baloncesto femenino gallego"
Martín afirmou tamén que por parte da Fegaba "hay interés en que Pontevedra sea la sede que represente al baloncesto femenino gallego" como recompensa ao traballo realizado na provincia e o nivel del baloncesto femenino en Vilagarcía, Vigo y Pontevedra", defendeu o representante federativo.
Con todo, asegura, a candidatura aínda "está muy verde", pero traballarán nesta opción tendo en conta que no tramo final do presente ano poderían confirmarse as sedes oficiais do campionato.
A Coruña tamén mostrou o seu interese no Mundobasket pero a cidade de Lérez "ha sido la primera en dar el paso", confirmou Francisco Martín.
Relacionadas:
-
Cambados, preto de repetir como sede do Campionato de España Infantil de baloncesto
Por Diego Espiño |
-
O Nacional de Ximnasia Rítmica, principal novidade do calendario deportivo presentado polo Concello para 2015
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, interesada en organizar por segundo ano o Campionato de España Infantil de baloncesto feminino
Por Diego Espiño |