Chamada do Teucro para converter o Municipal nunha "olla a presión" ante o Bidasoa
Por Redacción
Tras pechar a primea volta no alto da clasificación cuns números sobresaíntes (14 triunfos e unha derrota), a Sociedad Deportiva Teucro pensa xa no esixente no segundo tramo do campionato, no que xa non esconde o seu obxectivo de regresar á máxima categoría do balonmán nacional.
A primeira das 15 finais para logralo será un histórico como o Bidasoa, que tras un comezo irregular chega ao Municipal nunha xeira positiva (catro vitorias seguidas) e como a mellor defensa do campionato, cunha media inferior aos 26 goles encaixados por partido que lle situaron a un paso da zona de play-off.
Conscientes da importancia de manter a fortaleza como local, o club azul fai un chamamento aos seus afeccionados para que "el Pabellón Municipal sea una olla a presión".
Así o pide Quique Domínguez ao entender que só "con nuestro mejor juego y la afición podremos sumar nuestra victoria número 15", declarou o técnico pontevedrés.
O partido disputarase o sábado 31 de xaneiro ás 20:00 horas.
ABONOS DE MEDIA TEMPADA
Coincidindo co inicio da segunda volta o Teucro terá dispoñibles no Pavillón Municipal os formularios para retirar o carné de socio de media tempada.
Os interesados en abonarse poden facelo nas oficinas do club ou a través do correo electrónico socios@teucro.com cos seguintes prezos:
CATEGORÍA | PRECIO |
Sénior | 55 euros |
Peñas | 50 euros |
Bonificado | 30 euros |
Estudantes | 25 euros |
Xuvenil | 15 euros |
Infantil | 8 euros |
Familiar | 100 euros |
Relacionadas:
-
O Pavillón Municipal prepárase para "un partido grande" entre Teucro e Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
Concurso de 'selfies' para promover a campaña de abonados do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Chapela e Carlos Pombo perderanse o choque ante o Bidasoa
Por Redacción |
-
O Teucro pecha unha primeira volta máxica cunha vitoria de prestixio (28-33) en Palma del Río
Por Redacción |
-
A resonancia magnética descarta unha lesión grave no xeonllo de Marcos Dorado
Por Diego Espiño |