O Teucro pecha unha primeira volta máxica cunha vitoria de prestixio (28-33) en Palma del Río
Por Redacción
Gañar na cancha do cuarto clasificado e máis si é nunha pista sempre quente desde o punto de vista ambiental, como é a de El Pandero, non está ao alcance máis que dos grandes equipos. O Teucro desta tempada éo e pecha a primeira volta cunha demostración de pòderío sumando dous puntos máis ao seu casillero que lle serven para pechar unha primeira volta máxica, encabezando a táboa, con seis puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor e eliminando prácticamente ao equipo cordobés do Ars Palma del Río da loita polo título.
Pero é que ademais o triunfo na cancha cordobesa foi incontestable. Dominando o partido desde o pìtido inicial, cunha superioridade sobre o rival e un control do xogo absoluto.
Os locais asistiron impotentes ao despegue teucrista, que xa no ecuador da primeira parte se fora ata os cinco goles (4-9, minuto 16). Despois o Palma del Río intentou achegarse, pero cada mínima reacción local era inmediatamente contestada polo Teucro, que ao descanso mantiña eses mesmos cinco goles de renda.
O Teucro controlou ben na segunda parte e soubo aguantar o único momento delicado polo que pasou, cando Palma del Río púxose a só dous goles por baixo (18-20, minuto 41). A reacción dos de Quique Domínguez non se fixo esperar. Adrián Pumar, con dous goles, e David García Pichel, que estivo inmenso nos lanzamentos, volveron poñer as cousas no seu sitio (18-23, minuto 44).
Os últimos 15 minutos foron de dominio e control total dun Teucro que alcanzou a súa máxima diferenza (21-28) a falta de nove minutos, para terminar levándose unha vitoria de prestixio, nunha pista na que ninguén gañara ata agora e para sumar nunha soa volta os mesmos puntos que en toda a tempada pasada.
ARS PALMA DEL RÍO (28): Manuel López, Dámaso Gómez; Antonio Caro (2), Consuegra (2), Da Mota (2), Del Castillo (2), Jesús Morales (7), Alonso Moreno (1), Yoel Moreno, Morgado (1), Julián Portero (6), Tavares (5), Jiménez, Carlos López e Alberto Ruiz.
SD TEUCRO (33): Ricardo Amérigo, Iago Gómez; Gonzalo Carró (2), David Chapela (1), Marcos Dorado, Borja Pedreira (3), Carlos García (3), García Pichel (8), Dani Hernández (6), Edu Moledo (5), Adrián Pumar (4), Víctor Rodríguez, José Carlos Ameijeiras e Iván Fernández (1).
Árbitros: Sergio Francisco Gallardo Cabello e Francisco José Gallardo Cabello (Andalucía). Excluíron por dous minutos a Julián Portero (2), polos locais, e a Gonzalo Carró (2), David Chapela, Borja Pedreira, Carlos García e Adrián Pumar, polo Teucro.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 4-6, 4-8, 7-10, 10-13, 10-15 (descanso), 13-17, 17-20, 19-23, 21-26, 25-30 e 28-33 (final).
Incidencias: Pabellón Municipal El Pandero (Palma del Río-Córdoba).
Relacionadas:
-
Iago Gómez convértese en xigante e dá ao Teucro unha vitoria agónica (25-24) sobre Bidasoa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Chapela e Carlos Pombo perderanse o choque ante o Bidasoa
Por Redacción |
-
Chamada do Teucro para converter o Municipal nunha "olla a presión" ante o Bidasoa
Por Redacción |
-
Palma del Río, última parada da primeira volta para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
A resonancia magnética descarta unha lesión grave no xeonllo de Marcos Dorado
Por Diego Espiño |
-
Xornada redonda para o Teucro que sofre para gañar (35-32) o BM Alcobendas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |