Chapela e Carlos Pombo perderanse o choque ante o Bidasoa
Por Redacción
Malas novas en forma de lesións para Quique Domínguez e a Sociedad Deportiva Teucro a poucos días de recibir no Municipal ao Bidasoa (sábado 20:00 horas).
Á escordadura de nocello que se produciu David Chapela en Palma del Río, únese o período de baixa de Carlos Pombo, que se prolongará polo menos por dúas semanas máis.
No caso de Chapela o primeiro diagnóstico reflicte unha escordadura de segundo grao, pero para coñecer exactamente o alcance da lesión haberá que esperar ao resultado da renonancia magnética á que ten previsto someterse e que concretará o período no que estará de baixa.
Pola súa banda Pombo, que xa se perdeu os dous últimos partidos de liga, sofre unha distensión de ligamento no dedo maimiño da súa man esquerda con afectación ao tendón que lle obriga a renunciar ao exercicio con balón.
O lateral asegura que "no quiero perderme muchos partidos, pero no quieren que tenga prisa" para evitar unha recaida que o afaste das canchas de xogo durante un longo período.
Estes problemas súmanse aos dun Marcos Dorado que espera volver ao equipo no partido desta fin de semana.
Relacionadas:
-
David Chapela estará polo menos dúas semanas máis de baixa
Por Diego Espiño |
-
O Pavillón Municipal prepárase para "un partido grande" entre Teucro e Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
Concurso de 'selfies' para promover a campaña de abonados do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Chamada do Teucro para converter o Municipal nunha "olla a presión" ante o Bidasoa
Por Redacción |
-
O Teucro pecha unha primeira volta máxica cunha vitoria de prestixio (28-33) en Palma del Río
Por Redacción |