Concurso de 'selfies' para promover a campaña de abonados do Teucro
Por Diego Espiño
O Teucro confía en superar a barreira dos 1.000 abonados (conta actualmente con algo máis de 930) coa campaña de socios para a segunda volta que habilitou nos últimos días.
Trátase, segundo Carlos García-Alén, de "conseguir que la asistencia al pabellón aumente" e tamén "trasladar la idea de que vale la pena hacerse socio del Teucro para acompañar al equipo en el ascenso a Asobal", explica o presidente.
Coa intención de lograr a maior repercusión posible desde o club pensaron nun particular concurso de 'selfies', no que invitaron a participar a todos os seus afeccionados.
Para as fotos se habilitará na entrada do Municipal un 'photocall' de 4,40 por 2,40 metros que tamén se moverá por diferentes puntos da cidade e en diversas empresas.
Os participantes, que deben enviar as súas fotografías ao correo electrónico socios@teucro.com, entrarán no sorteo de "múltiples regalos como estancias en balnearios o abonos para la próxima temporada", sinalou García-Alén.
Por outra banda o club azul anunciou que sacará á venda camisetas conmemorativas do 70 aniversario da entidade, que se cumpre en 2015, e diversos produtos de mercadotecnia como cuncas, chaveiros ou pins.
DESCONTO NAS ENTRADAS ANTE O BIDASOA
O chamamento lanzado polo Teucro aos seus afeccionados para conseguir un bo ambiente o sábado no Municipal ante o Bidasoa provocou que a directiva decidise habiltar unha rebaixa no prezo da entrada para o partido para os acompañantes dos socios.
Así, en lugar dos 12 euros habituais, cada socio poderá retirar entradas para os seus acompañantes por 5 euros.
Relacionadas:
-
David Chapela estará polo menos dúas semanas máis de baixa
Por Diego Espiño |
-
Iago Gómez convértese en xigante e dá ao Teucro unha vitoria agónica (25-24) sobre Bidasoa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pavillón Municipal prepárase para "un partido grande" entre Teucro e Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
Chapela e Carlos Pombo perderanse o choque ante o Bidasoa
Por Redacción |
-
Chamada do Teucro para converter o Municipal nunha "olla a presión" ante o Bidasoa
Por Redacción |