O Pavillón Municipal prepárase para "un partido grande" entre Teucro e Bidasoa
Por Diego Espiño
Choque de altos voos o que se espera para este sábado (20:00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra entre Teucro e Bidasoa, un "partido grande con mucha historia detrás", sinala Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés non poderá contar para a cita con David Chapela e Carlos Pombo, pero si recupera Marcos Dorado para enfrontarse á que define como "mejor plantilla de la categoría".
O Bidasoa, tras un inicio irregular, chega á cidade de Lérez no seu mellor momento da tempada e a un paso do play-off de ascenso: "es un grandísimo equipo que ahora sí está en forma, muy por encima del nivel que mostraron en la primera jornada", defende Domínguez.
Trátase da mellor defensa do campionato contra o mellor ataque, e por aí adivíñase unha das claves do encontro para "quien consiga llevar el partido a su terreno", recoñece o adestrador teucrista.
O Bidasoa chegará a Pontevedra con todo o seu pontencial dispoñible, incluído un Adrian Crowley para o que se esperaba sanción tras a súa descualificación directa no último partido ligueiro pero que finalmente non foi castigado.
O partido estará dirixido polos colexiados madrileños Efrén Muñoz e Julio Posada.
Relacionadas:
-
Iago Gómez convértese en xigante e dá ao Teucro unha vitoria agónica (25-24) sobre Bidasoa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Concurso de 'selfies' para promover a campaña de abonados do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Chapela e Carlos Pombo perderanse o choque ante o Bidasoa
Por Redacción |
-
Chamada do Teucro para converter o Municipal nunha "olla a presión" ante o Bidasoa
Por Redacción |