O Peixe Galego non dá opción ao Viten Getafe (79-51) e despide o ano en postos de play-off
Por Redacción
Excelente e contundente vitoria para pechar o ano a obtida polo Peixe Galego fronte a un Viten Getafe que non tivo máis remedio que ceder ante o acerto no lanzamento exterior do conxunto marinense no segundo e terceiro cuarto do partido.
Os de Javi Llorente non é que teñan no tiro unha das súas mellores armas, non obstante nesta ocasión a súa porcentaxe nos tiros de tres (13 de 21 intentos) someteu o cadro madrileño, convertendo o último cuarto nun mero trámite.
Malia os números finais, ao Peixe custoulle arrancar. Tanto o filial do Fuenlabrada coma os marinenses rivalizaron en erros ante o aro rival durante un primeiro cuarto frouxo, como o proba o raquítico 7-9 dese primeiro parcial. Sete puntos para os locais, nos que unicamente Ike Azotam, autor de seis deses sete puntos, foi capaz de encarar a canastra contraria.
Sería mediado o segundo cuarto cando o Peixe Galego encontrou o camiño, coa presenza en pista de Norman Rey e Manu Ferreiro. Os marinenses empezaron a anotar con fluidez para irse ao descanso cunha cómoda vantaxe de 10 puntos.
Nada máis comezar o terceiro cuarto o Peixe Galego remataría por despegarse definitivamente con triplos de Darío Suárez e Gregorio Adón, para poñer a diferenza en 16 puntos (37-21), que subiría ata os 25 puntos ao final do parcial, para pechar practicamente a vitoria.
Os marinenses rematan o ano en postos de play off de ascenso, con sete vitorias e seis derrotas.
MARÍN PEIXE GALEGO (79): Darío Suárez (8), Javier Medori (3), Garfield Blair (10), Ike Azotam (9), Gregorio Adón (6) -cinco inicial-, Manu Ferreiro (8), Antonio Izquierdo (10), Gabo Rogers (4), Al Rapier (10), Norman Rey (8), Kyrylo Podkovyrov (3) e Víctor García.
VITEN GETAFE (51): Rolands Smits (12), Boubacar Moungoro (5), Walter Cabral (5), Nicholas Spires (4), Bacale Mbangoso (2) -cinco inicial-, David Cuéllar (4), Rubén Martínez (5), Víctor Moreno (4), Jon Ander Aramburu (6), Samuel Deguara (2) e Víctor Ferreira (2).
Árbitros: Zamorano Sánchez e Padrós Feliú. Sen eliminados.
Marcadores parciais: 7-9, 24-12 (31-21, descanso), 27-12 (58-33) e 21-18 (79-51, final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Raña (Marín). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Peixe Galego afúndese no último cuarto e cae de forma inesperada (66-75) a mans do Sammic ISB
Por Redacción |
-
Peixe Galego esmaga o Sáenz Horeca Araberri (58-78) nun gran último cuarto
Por Redacción |
-
Un mal terceiro cuarto castiga o Peixe Galego ante o Zornozta (85-77)
Por Redacción |
-
O CEBA Guadalajara remata coa boa xeira do Peixe Galego (60-72)
Por Redacción |
-
Tercera vitoria consecutiva para un Marín Peixe Galego que dobrega na Raña (87-79) o Basquet Pla
Por Redacción |