Peixe Galego esmaga o Sáenz Horeca Araberri (58-78) nun gran último cuarto
Por Redacción
Necesitou esperar ao último cuarto o Peixe Galego para impoñerse e pechar a primeira volta cunha nova vitoria no feudo do Araberri. O conxunto vitoriano resistiu mesmo máis do previsto, conseguindo chegar a ese último parcial só tres puntos por debaixo, pero un 0-7 de parcial puxo en máis 13 ao Marín, que a partir de aí se foi decidido a pola vitoria da man dun Al Rapier que tivo unha grande tarde.
Outras das claves do partido foron a pobre porcentaxe (3/19) en triplos e as 25 perdas de balón, que castigaron moito a Araberri.
O 2-9 de saída, con Blair levando a batuta anotadora, xa foi un primeiro aviso de como as gasta este ano o equipo de Javi Llorente. Medori metíaas de todas as cores e Suárez gustábase. Por fortuna para os locais, estes puideron maquillar con Sedekerskis o final do cuarto (15-22).
Melloraron os vascos no arranque do segundo acto, poñéndose mesmo por diante, 25-24. Martínez tamén sumaba e Uriarte mandaba o partido ao descanso con vantaxe vitoriana (33-31).
Tras o descanso o choque mantíñase en extrema igualdade, con intercambio de golpes e coa aparición de novos actores como Azotam, Al Rapier e Buesa. Con 47-50 arrancou o decisivo cuarto final, no que os visitantes foron mellores.
Con 50-54 chegou o despegue definitivo. Un 0-7 (50-63) lanzou a Marín, con xa só seis minutos por xogarse. Os locais remaron en van ante a solidez de Al Rapier e Blair, que se gustou na última acción do partido colgándose do aro de Mendizorrotza.
SÁENZ HORECA ARABERRI (58): Christofher Blount, Carlos Martínez (7), Martín Buesa (9), Pablo Villarejo (4), Evan Michael Yates (8) -cinco inicial-, Jon Uriarte (7), Tadas Sederkerskis (13), Álex Arcelus (4) e Sastre (6).
MARÍN PEIXE GALEGO (78): Darío Suárez (11), Javier Medori (12), Garfield Blair (12), Ike Azotam (11), Gabo Rogers (7) -cinco inicial-, Manu Ferreiro, Kyrylo Podkovyrov (3), Antonio Izquierdo, Gregorio Adón (3), Al Rapier (18) e Norman Rey (1).
Árbitros: Susana Gómez López (Murcia) e Francisco José Zafra Guerra (Valencia). Sinalaron 20 faltas ao conxunto local e 15 aos marinenses. Eliminado por cinco persoais o xogador local Martín Buesa.
Marcadores parciais: 15-22, 18-9 (33-31, descanso), 14-19 (47-50) e 11-28 (58-78, final).
Incidencias: Polideportivo Mendizorrotza (Vitoria-Gasteiz).
Relacionadas:
-
Peixe Galego afúndese no último cuarto e cae de forma inesperada (66-75) a mans do Sammic ISB
Por Redacción |
-
O Peixe Galego non dá opción ao Viten Getafe (79-51) e despide o ano en postos de play-off
Por Redacción |
-
Un mal terceiro cuarto castiga o Peixe Galego ante o Zornozta (85-77)
Por Redacción |
-
O CEBA Guadalajara remata coa boa xeira do Peixe Galego (60-72)
Por Redacción |