O CEBA Guadalajara remata coa boa xeira do Peixe Galego (60-72)
Por Redacción
O Marín Peixe Galego viu cortada a súa boa marcha ante o potente CEBA Guadalajara.
Tras catro encontros consecutivos logrando o triunfo, os marinenses caeron na Raña a pesar de realizar un encontro serio no que acusaron un mal segundo cuarto.
Os alcarreños foron mellores dominando e impoñendo o seu ritmo dende o primeiro cuarto (14-18).
O segundo parcial resultaría decisivo, cun grande acerto en ataque dos visitantes, que escaparon de 18 puntos (26-44) ao descanso.
Tras o paso polo vestiario o Peixe reaccionou para ser mellor que o seu rival no tramo final, pero a desvantaxe pesaba demasiado e o triunfo do Guadalajara non chegou a perigar.
Rogers, con 16 puntos, e Darío Suárez, con 16 de valoración, foron os xogadores marinenses máis destacados.
Sen apenas descanso o Peixe Galego afrontará o sábado un novo partido de liga, esta vez a domicilio ante o Zornotza.
MARÍN PEIXE GALEGO (60): Darío Suárez (7), Rogers (16), Azotam (12), Medori (1), Blair (12) -cinco inicial- Manu Ferreiro, Víctor García, Kyrylo, Antonio Izquierdo, Gregorio Adón (3), Al Rapier (6), Norman Rey (3).
CEBA GUADALAJARA (72): Agbelese (16), Sole (12), Durán (21), Frutos, James (14) -cinco inicial- Lázaro (9), Iglesias, David Ávila, Aurrecoechea, Nikolic.
Árbitros: Pazos Pazos e López Córdoba. Sen eliminados.
Parciais: 14-18, 12-26, 16-14, 18-14.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Raña, Marín.
Relacionadas:
-
Peixe Galego esmaga o Sáenz Horeca Araberri (58-78) nun gran último cuarto
Por Redacción |
-
O Peixe Galego non dá opción ao Viten Getafe (79-51) e despide o ano en postos de play-off
Por Redacción |
-
Un mal terceiro cuarto castiga o Peixe Galego ante o Zornozta (85-77)
Por Redacción |
-
Importante triunfo do Peixegalego en Tarragona (69-77)
Por Redacción |