Fran Fandiño, o único granate que non descansa en Nadal
Por Diego Espiño
O primeiro plantel do Pontevedra encóntrase de vacacións ata o próximo día 29 de decembro, data fixada por Luisito para a volta aos adestramentos.
Cos deberes feitos e o campionato de inverno asegurado, os granates gañaron o descanso, pero non todos paran nestas festas.
Fran Fandiño segue exercitándose diariamente co obxectivo de estar dispoñible para o técnico a mediados do mes de xaneiro.
O centrocampista acode diariamente á Clínica de Rehabilitación Domínguez para recuperarse da grave lesión de xeonllo que o obrigou a pasar polo quirófano o pasado mes de outubro.
Encóntrase xa na última fase da súa recuperación e en poucos días comezará coa carreira continua. Por iso, aínda que a clínica peche os días festivos, el non pensa parar traballando "en casa con la bicicleta y si me dejan saldré a correr".
Fran non descarta mesmo participar na San Silvestre, á que se inscribiu, asegurando que "si puedo la haré, aunque a mi ritmo claro". Todo por "ganarle una semana" ao período establecido polos médicos, que polo momento se está a cumprir.
O futbolista pontevedrés ten previsto empezar co traballo de campo cando o equipo volva aos adestramentos e pouco despois empezará a tocar balón: "para el partido de Bergantiños espero estar trabajando con el grupo y para el siguiente intentaré ya poner en aprietos al mister", explica animadamente.
Con todo sabe do difícil que será facerse un oco no once titular, pero o lerezano poñerá todo da súa parte para conseguilo e ser un home importante no tramo final da tempada.
Relacionadas:
-
Fran Fandiño recibe a alta médica tras tres meses lesionado
Por Diego Espiño |
-
A defensa, principal preocupación de Luisito ante o Cerceda
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra despide o ano traballando no Carrasco
Por Ramiro Espiño |
-
A falta de campo para adestrar en fin de ano condiciona a primeira semana de traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Fran Fandiño, operado con éxito, xa pensa en acurtar os prazos da súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Dous meses de baixa para Fran Fandiño, que ten roto o ligamento lateral interno do seu xeonllo
Por Diego Espiño |