O II Torneo Internacional de xadrez chega ao seu ecuador co local Alberto Portela na cabeza
Por Redacción
Despois de catro días de competición o II Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra chegou ao seu ecuador cun xogador local, Alberto Portela, empatado no liderado.
Portela suma 4,5 puntos tras lograr catro vitorias e unhas táboas, ante o Gran Mestre serbio Dragan Barlov, que lle valen para manterse no primeiro posto.
Coa mesma puntuación atópanse outros tres xogadores, o citado Dragan Barlov, e os mestres Jaime Santos e Enrique Álvarez, mentres o campión da pasada edición, o Gran Mestre serbio Paunovic cedeu medio punto que lle deixan sen marxe de erro se quere aspirar á vitoria.
A competición dispútase nas inatalciones do parque de verán do Casino Mercantil ata o próximo xoves, 14 de agosto.
Os enfrontamentos poden seguir en directo a través da páxina web www.xadrezpontevedra.com.