ÿxito de participación no II Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra
Por Redacción
A segunda edición do Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra comezou cunha cifra de participación que supón un éxito, segundo a Escola Xadrez Pontevedra.
En total son 115 os xadrecistas que se dan cita na competición, que se prolongará ata o día 14 de agosto nas instalacións do parque de verán do Casino Mercantil, en Mourente.
Entre eles encóntranse 14 xogadores titulados, con catro Grandes Mestres, que outorgan ao torneo a máxima categoría na escala da Federación Internacional de Xadrez.
En canto á participación local destaca a presenza do pontevedrés Alberto Portela, subcampión de España sub-16, e o vilagarcián Julio Suárez, actual campión de España sub-18.
As partidas dispútanse todos os días a partir das 17:00 horas, a excepción do domingo 10 que contará con xornada dobre, tamén ás 10:00 horas.
Relacionadas:
-
Jaime Santos vence no "II Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra"
Por Ramiro Espiño |
-
Mozos mestres do xadrez amosan o seu talento na Praza de Santa María
Por Redacción |
-
O II Torneo Internacional de xadrez chega ao seu ecuador co local Alberto Portela na cabeza
Por Redacción |
-
Máis de 100 xadrecistas confirmados para o II Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Alberto Portela, do Escola Xadrez Pontevedra, proclámase subcampión de España sub-16
Por Redacción |