Máis de 100 xadrecistas confirmados para o II Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O parque de verán do Casino Mercantil acollerá entre os días 7 e 14 de agosto a segunda edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de xadrez.
A cita, presentada este martes no Concello de Pontevedra, contará coa presenza de máis de 100 xadrecistas, entre eles Grandes Mestres de Cuba, Serbia, Portugal e Alemaña.
As partidas xogaranse a partir das 17:00 horas, a excepción do domingo día 10 que contará con dobre quenda, ás 10:00 e ás 17:00 horas.
A Escola Xadrez Pontevedra organiza a competición, que conta cunha dotación de premios de 6.000 euros e será de novo retransmitido vía streaming a través da páxina www.xadrezpontevedra.com.
RECEPCIÿN A ALBERTO PORTELA
Aproveitando a presentación, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, recibiu o recente subcampión de España sub-16 de xadrez, Alberto Portela.
O xogador da Escola Xadrez finalizou en segundo lugar, empatado co campión, no Nacional celebrado na localidade granadina de Salobreña.
Relacionadas:
-
Mozos mestres do xadrez amosan o seu talento na Praza de Santa María
Por Redacción |
-
O II Torneo Internacional de xadrez chega ao seu ecuador co local Alberto Portela na cabeza
Por Redacción |
-
ÿxito de participación no II Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Alberto Portela, do Escola Xadrez Pontevedra, proclámase subcampión de España sub-16
Por Redacción |