A rodaxe da película 'La sombra de la ley' revoluciona o centro da cidade
Por Diego Espiño
Na súa segunda xornada na Boa Vila, o equipo de rodaxe da película 'La sombra de la ley', dirixida polo galego Dani da Torre e protagonizada entre outros por Luís Tosar e Michelle Jenner, supuxo unha revolución no centro da cidade pola expectación que xerou.
Se durante o seu primeiro día de traballo a gravación centrouse no interior do instituto Valle Inclán, convertido nunha comisaría de policía dos anos 20, este xoves a súa presenza foi máis notable ao ampliarse o cordón de seguridade na entrada do centro educativo e ser visibles tanto multitude de extras como coches de época.
O instituto converteuse no centro operativo de todo o equipo da película, e así seguirá sendo ata o vindeiro luns 28 de agosto, dada a importancia que terá este escenario na trama. Tanto a entrada do Valle Inclán como o seu paraninfo foron decorados especialmente para a ocasión, e no ximnasio habilitouse un calabozo para a citada comisaría. Tamén está previsto a rodaxe de escenas no exterior.
Esta importante produción cinematográfica, producida por Vaca Films e AtresmediaCine, permanecerá en Pontevedra ata o vindeiro martes 29, cando está prevista a gravación de varias escenas no Pazo de Lourizán.
Desde a cidade de Lérez, a rodaxe trasladarase hastala localidade luguesa de Monforte, onde afrontarán os últimos días de gravación antes de finalizar esta fase da produción o día 4 de setembro.
Preguntado o respecto o director do filme, Dani de la Torre, recoñeceu estar "muy contento" co acollemento e o trato que lle está a dar Pontevedra, ademais de estar satisfeito co desenvolvemento da película, que poderá verse nas salas de cinema o 31 de agosto de 2018.
Relacionadas:
-
'A sombra da lei', rodada en Pontevedra, gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Primeiras imaxes de 'La sombra de la ley', película rodada o pasado verán en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A película "Quien a hierro mata", protagonizada por Luis Tosar, rodarase en Cambados
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, de moda en cine e TV: "Fariña", "Vivir sin permiso" e "La sombra de la ley"
Por Alejandro Espiño |
-
Os narcos de 'Fariña' pasean por Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Luis Tosar pasea por Montero Ríos recreando a Barcelona dos anos 20
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O instituto Valle Inclán, unha comisaría de cinema
Por Diego Espiño |
-
De "1921. La ley del plomo" a "La sombra de la ley": así é a película que Dani de la Torre rodará en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Dani de la Torre rodará en Pontevedra "1921. La ley del plomo", a súa nova película tras "El desconocido"
Por Alejandro Espiño |