Cantos na Maré: Árdelle o eixo!
Por Diego Torrado
O Pazo da Cultura converteuse este sábado nun espazo para a convivencia, a música, a amizade e a alegría grazas a Cantos na Maré.
Esta iniciativa naceu no ano 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poestas e escritores galegos unidos polos sentimentos e valores culturais do universo galego-portugués.
O que pasou sobre o escenario este sábado foi resumido por Uxía cun expresivo: Árdelle ou eixo!
A cantante Kátya Teixeira achegou as sonoridades da música popular brasileira, Celina de Piedade entregou a alma co seu acordeón desde a súa voz de raiz de norte a sur de Portugal.
Guadi Galego achegou dozura e a calma do norte galego e conseguiu parar o mundo e o tempo. Paulo Flores, unha gloria viva de Angola, seduciu ao público coa sambar e os ritmos cadenciosos da súa terra.
Logo chegaron os sons salvaxes e vibrantes da canción africana. Manecas Costa, que forma parte da gran familia musical de Cantos na Maré desde a edición de 2005, regresou para lembrar ao seu irmán musical, Fran Pérez Narf, con quen gravou un disco Aló Irmao en 2009.
E o artista invitado foi Santiago Auserón, nesta festa dirixida musicalmente por Paulo Borges.
Relacionadas:
-
O festival Cantos na Maré trasládase á primavera
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cantos na Maré quenta voces de cara a cita deste sábado
Por Mónica Patxot |
-
Esgotadas as entradas para o festival Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Charlas, talleres musicais e concertos íntimos, actividades paralelas de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Santiago Auserón, artista convidado no Festival Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Narf estará en todas as bocas da XIII edición de Cantos na Maré o 14 de xaneiro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O músico guineano Manecas Costa, na nova edición de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Artistas de África, Europa e América nun Cantos na Maré que terá a Narf na lembranza
Por Alejandro Espiño |