Santiago Auserón, artista convidado no Festival Cantos na Maré
Por Redacción
Santiago Auserón, o que fora líder de Radio Futura e unha das figuras máis representativas da música española na década dos 80, será o artista convidado á edición de Cantos na Maré deste ano, que se desenvolverá o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este compositor foi a gran sorpresa para esta cita do Festival Internacional da Lusofonía. O zaragozano está a promocionar o seu último disco 'El viaje', sétimo álbum asinado como Juan Perro. Trátase dun traballo nas que busca o núcleo no que o canto xermina e conta con temas como 'Os inadaptados' inspirado na última película de Marilyn Monroe, 'The Misfits'.
Auserón recolle influencias afro-norteamericanas combinándoas coa tradición afrolatina, principalmente cubana, e coas músicas ibéricas.
Cantos na Maré, ademais de Santiago Auserón, ofrecerá algunhas das voces máis significativas do panorama lusófono: o angolano Paulo Flores, o guineano Manecas Costa, a brasileira Kátya Teixeira, a portuguesa Celina da Piedade e a galega Guadi Galego. Este luns 9 comezan os ensaios coa presenza dos artistas e as visitas de estudantes de colexios da comarca.
As entradas para o Festival xa poden adquirirse a través de Ataquilla a prezos entre 20 e 28 euros.
Relacionadas:
-
Cantos na Maré: Árdelle o eixo!
Por Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Cantos na Maré quenta voces de cara a cita deste sábado
Por Mónica Patxot |
-
Esgotadas as entradas para o festival Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Charlas, talleres musicais e concertos íntimos, actividades paralelas de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Narf estará en todas as bocas da XIII edición de Cantos na Maré o 14 de xaneiro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O músico guineano Manecas Costa, na nova edición de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Artistas de África, Europa e América nun Cantos na Maré que terá a Narf na lembranza
Por Alejandro Espiño |