O músico guineano Manecas Costa, na nova edición de Cantos na Maré
Por Redacción
O XIII Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré contará na súa edición 2017, prevista para o 14 de xaneiro ás 21.00 horas no Pazo da Cultura, co músico guineano Manecas Costa.
O cartel completo do festival aínda non se coñece, pero a organización xa avanzou algúns datos este venres ao tempo que anunciaba que as entradas xa están á venda a través de Ataquilla.com a un prezo de 25 e 28 euros nas zonas A e B, e de 20 e 23 euros nas zonas C e D.
Manecas Costa xa participara na edición do ano 2005 de Cantos na Maré e a partir dese momento comezou a tecer unha rede de colaboradores galegos cos que ten presentado varios proxectos, construíndo esa comunidade musical que está na vontade e na filosofia deste festival. Un dos mais nomeados foi Fran Pérez, Narf, con quen gravou o disco 'Aló Irmão' en 2009, e para quen este ano haberá un recordo especial no festival.
Manecas revivirá no Pazo da Cultura a irmandade afro-galega. A súa música, acústica e eléctrica á vez, explora o son salvaxe e vibrante de Guinea Bissau interpretado coa súa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra. É un dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.
O cartel completo desta edición presentarase oficialmente o próximo luns no Concello de Pontevedra e daranse as claves do formato que terá o festival a partir de 2018. Contará con máis participación e implicación da cidade, multiplicando o número de eventos e contidos e achegándose a unha fórmula híbrida que mesturará actividades profesionais e outras abertas ao público xeral.
Relacionadas:
-
Cantos na Maré: Árdelle o eixo!
Por Diego Torrado |
-
Charlas, talleres musicais e concertos íntimos, actividades paralelas de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Santiago Auserón, artista convidado no Festival Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Narf estará en todas as bocas da XIII edición de Cantos na Maré o 14 de xaneiro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Artistas de África, Europa e América nun Cantos na Maré que terá a Narf na lembranza
Por Alejandro Espiño |
-
Davide Salvado: "O noso patrimonio parece que non está ben visto. Temos o auto odio incorporado no ADN"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Novo éxito do festival Cantos na Maré no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado |
-
O mítico músico brasileiro Alceu Valença, última sorpresa do festival Cantos na Maré
Por Redacción |