Piratas, patas de pau, tesouros e moita aventura da man do pequeno Jim no Teatro Principal
Por Diego Torrado
O ciclo Domingos do Principal segue a encher de teatro e de espectadores o Teatro Principal. No seu segundo domingo desta nova edición, a obra 'Jim e a Illa do Tesouro' colleitou o mesmo éxito que o estreno do ciclo cunha proposta de teatro de monicreques pensada para nenos a partir de 5 anos.
O espectáculo da compañía Eme Dous conta a historia do pequeno e valente Jim Hawkins e as aventuras que vive unha vez que se fai co mapa do tesouro do pirata Flint. Durante preto dunha hora, o público puido vivir unha historia de aventuras con música, acción, liortas e humor.
Piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau, parches no ollo, papagaios… acompañaron ao pequeno Jim na súa procura do tesouro, para o que navegou por medio mundo. Acabouno atopando, pero antes aínda descubriu algo mellor polo camiño, unha amizade eterna.
O ciclo continuará o domingo 31 de xaneiro coa compañía catalana La Baldufa, que representará unha versión dun conto clásico, 'Pinocchio, figlio di Gepetto'. As entradas están á venda a través de ATaquilla ao prezo de 4 euros.
Relacionadas:
-
O grupo xuvenil de Á procura do Tesouro representa a obra "Como a vida mesma"
Por Redacción |
-
'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A imaxinación faise dona de Domingos do Principal da man de "Faboo"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Clown para os máis cativos nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
O Domingo do Principal énchese de 'Burbullas de papel'
Por Diego Torrado |
-
Pinocchio alegra a xornada dos máis pequenos en Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Os escolares volven papar teatro os domingos no Principal con 'A comer!'
Por Diego Torrado |
-
Que lle pides aos Reis Magos? Teatro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |