Os escolares volven papar teatro os domingos no Principal con 'A comer!'
Por Diego Torrado
A historia dun ogro cunha perna mancada e famento que prepara unha cea a base de verduras sorprendeu aos numerosos nenos e nenas que durante este domingo 17 de xaneiro achegáronse ata o Teatro Principal, en sesión matinal e vespertina, para ver o primeiro espectáculo do ciclo de teatro infantil Domingos do Principal.
A compañía catalá Peus de Porc presentaba a obra A comer! cunha combinación de interpretacións con actores de carne e óso que acompañaban aos monicreques. Os espectadores identificábanse co neno que busca refuxio na casa do ogro que, famento, desexa comerllo.
Esta obra logrou o premio Fetén 2015 ao mellor espectáculo de monicreques e abre un ciclo en Pontevedra que continuará o vindeiro domingo 24 cunha montaxe da compañía galega Eme dous, que representará Jim e a illa do tesouro, un título recomendado para menores con máis de cinco anos.
As entradas pódense adquirir a través de ATaquilla.
Relacionadas:
-
'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Clown para os máis cativos nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
O Domingo do Principal énchese de 'Burbullas de papel'
Por Diego Torrado |
-
Pinocchio alegra a xornada dos máis pequenos en Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Piratas, patas de pau, tesouros e moita aventura no Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
Que lle pides aos Reis Magos? Teatro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |