Que lle pides aos Reis Magos? Teatro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
O Festival de Teatro para toda a familia, Domingos do Principal, chega ao seu décimo sétima edición durante 2016 e desde este luns 28 de decembro xa se atopan á venda as entradas para esta cita cos espectáculos galegos e do resto da península máis divertidos, destinados aos máis pequenos.
As funcións comezarán o domingo 17 de xaneiro coa compañía catalá Peus de porc e o seu espectáculo 'A comer!', unha obra de marionetas que recibiu o premio Fetén 2015 protagonizada por un ogro collo e famento.
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e Tereixa Alonso, da compañía Akatro, que se encarga da organización presentaron durante este luns a programación animando a que estas festas se agasallen funcións teatrais para os máis pequenos como unha sorpresa de longa duración.
Os espectáculos continuarán o domingo 24 con 'Jim e a illa do tesouro' do grupo galego Eme2; o domingo 31 de xaneiro, outra compañía catalá, A Baldufa, representará unha versión dun conto clásico, 'Pinocchio, figlio dei Gepetto' e o 14 de febreiro, despois do Entroido, as funcións retornarán ao Teatro Principal con 'Burbullas de papel' de Mucab Dans. Sete días máis tarde, un habitual desta cita teatral, Marcel Gros, ofrecerá 'Minutos'.
Febreiro pecharase o 28 de febreiro con 'Faboo, o encanto da imaxinación', unha obra do grupo madrileño Escena Creativa. Os pontevedreses de Baobab Teatro ofrecerán para pechar esta mostra o seu espectáculo 'Luppo', a historia dun home maior, premio ao mellor espectáculo infantil da Feira de Teatro Cidade Rodrigo 2014.
As obras representaranse en dobre función, ás 12.00 e ás 18.30 horas, no Teatro Principal e tres delas contarán con sesións concertadas con centros escolares. As entradas atópanse á venda a través de ATaquilla ao prezo de 4 euros, mentres que o abono para as 7 funcións establécese en 21 euros.
Relacionadas:
-
'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Clown para os máis cativos nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Piratas, patas de pau, tesouros e moita aventura no Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
Os escolares volven papar teatro os domingos no Principal con 'A comer!'
Por Diego Torrado |