A premiada 'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción
A compañía pontevedresa Baobab Teatro foi a encargada este domingo de poñer o broche final a Domingos do Principal, a aposta municipal polo lecer en familia que leva desde o 17 de xaneiro ofrecendo teatro en horario de mañá e tarde para o público infantil. 'Luppo', premio ao mellor espectáculo infantil da Feira de Teatro Cidade Rodrigo, puxo fin a unha iniciativa que, un ano máis, resultou un éxito de público e de calidade.
A proposta de Baobab Teatro, que se estreou na pasada edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, trata o ciclo da vida, do apego cara ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida. Un espectáculo de sentimentos e emocións, mantivo completamente atentos a adultos e pequenos -está pensado para nenos a partir de 4 anos-.
Baixo a dirección de Óscar Ferreira, en 'Luppo' subiron ao escenario a actriz e dramaturga Andrea Bayer e o actor Xosé Manuel Esperante, cunha ampla experiencia teatral, cinematográfica e televisiva. Daniel Abalo é o encargado do deseño de luz e son; Óscar Ferreira e Juan Silva da escenografia; e o guión é de Andrea Bayer.
A compañía catalá Peus de porc e o seu espectáculo 'A comer!'; 'Jim e a illa do tesouro' do grupo galego Eme2; a tamén catalá La Baldufa con 'Pinocchio, figlio di Gepetto'; 'Burbullas de papel' de Mucab Dans; Marcel Gros con 'Minutos' e 'Faboo, el encanto de la imaginación', unha obra del grupo madrileño Escena Creativa completaron o ciclo teatral durante os dous últimos meses.
As obras representáronse en dobre función, ás 12.00 e ás 18.30 horas, no Teatro Principal e tres delas contaron con sesións concertadas con centros escolares. É o caso de 'Luppo', que este luns aínda terá unha nova función ás 12.00 horas no Teatro Principal para escolares do municipio.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Xosé Manuel Esperante, ¿anxo ou demo?
Por Marisa Ciordia |
-
Se aínda non enviaches a carta aos Reis Magos, inclúe este agasallo...
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Baobab Teatro recolle o premio ao mellor espectáculo infantil e familiar por "Luppo"
Por Redacción |
-
Máis de 6.000 espectadores confirman o apoio dos pontevedreses a Domingos do Principal
Por Redacción |
-
A imaxinación faise dona de Domingos do Principal da man de "Faboo"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Clown para os máis cativos nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Pinocchio alegra a xornada dos máis pequenos en Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Piratas, patas de pau, tesouros e moita aventura no Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
Os escolares volven papar teatro os domingos no Principal con 'A comer!'
Por Diego Torrado |
-
Que lle pides aos Reis Magos? Teatro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |