Ponteatro 2015 pecha cun aumento do 60% nos espectadores
Por Redacción
A edición 2015 do ciclo Ponteatro rematou este xoves coa representación de Waltz de Voadora. Puxo fin a tres meses de actividade durante os que se representaron oito espectáculos no Teatro Principal, o que supón 11 representacións sumando as obras para escolares. Rexistrouse un incremento do 60% no número de espectadores con respecto ao ano anterior, acadando unha media de 273 por función.
O Pazo da Cultura destaca a incorporación no programa dos 'Venres Golfos', que ofreceron obras de teatro ás 23.59 horas e congregou unha media de 134 espectadores por función. No caso dos habituais espectáculos dos xoves no Teatro Pricipal, a media de asistentes sitúase nos 304, que supuxo un 70% do aforo.
A comedia, o drama, o realismo máis cru ou as situacións máis incribles foron representados nos oito espectáculos da man de Teatro do Morcego, Ilmaquinario Teatro, Mofa e Befa, Teatro do Atlántico, Redrum Teatro, Voadora, Antón Coucheiro e Cinema Sticado.
Ademais das representacións de tarde, houbo actividades pola mañá para centros escolares de toda a provincia e mesmo de concellos coruñeses, como é o caso de Noia. De Pontevedra chegaron dende municipios como Ponte Caldelas, Sanxenxo, Redondela,Vigo, Marín, Bueu ou Barro.
Por número de asistentes, Bobas e Galegas foi o que contou con máis público, seguido por Presidente e Perplexo.
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, manifestou a súa satisfacción sobre os datos acadados, que garanten a permanencia deste ciclo e motivan que se continúe programando neste sentido.
Relacionadas:
-
Redrum adiántase ao Nadal en Pontevedra co seu espectáculo "Noiteboa"
Por Redacción |
-
Intriga en vivo nun venres moi golfo no Teatro Principal
Por Cristina Saiz |
-
As 'Bobas & Galegas' de Mofa e Befa divirten o público do Principal entre almofadas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O 'Presidente' chamou á porta do Teatro Principal para denunciar a manipulación política
Por Diego Torrado |
-
Venres de sesións golfas para o ciclo de Ponteatro no Principal
Por Anxo Lourido |