As 'Bobas & Galegas' de Mofa e Befa divirten o público do Principal entre almofadas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Mofa e Befa, o dúo cómico de máis prestixio do teatro galego trouxo ao Teatro Principal o seu último espectáculo, Bobas & Galegas, unha montaxe que traslada aos dous protagonistas ao Século de Ouro convertíndoos en criados galegos que recitan textos en verso.
A través desta transformación, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira fan un percorrido por algúns textos clásicos como La vida es sueño de Calderón de la Barca movéndose entre almofadas brancas que cubren o escenario e que se convirten en atrezzo ocasional para crear personaxes, vestiario ou elementos escenográficos.
As butacas do Teatro Principal, coa presenza de diversos concelleiros da corporación municipal e do actor Celso Bugallo, enchéronse para ver esta obra que foi finalista nos XVIII Premios Mas das Artes Escénicas 2015 na categoría de mellor escenografia, elaborada por Baltasar Patiño. Tamén foi candidato nas categorías de Mellor Espectáculo, Mellor Autor Teatral e Mellor Dirección de Escena polo labor realizado por Quico Cadaval e Mellor Actor Protagonista, candidatura que recaeu na interpretación de Evaristo Calvo.
Este espectáculo forma parte do ciclo Ponteatro, que continuará o vindeiro 19 de novembro coa representación no Teatro Principal de O principio de Arquímedes a cargo da compañía Teatro do Atlántico.
Relacionadas:
-
Ponteatro 2015 pecha cun aumento do 60% nos espectadores
Por Redacción |
-
Dobre ración de teatro para o público pontevedrés
Por Redacción |
-
"O principio de Arquímedes" de Teatro do Atlántico chega a Pontevedra da man do ciclo Ponteatro
Por Redacción |
-
Mofa e Befa volven ás orixes este xoves con 'Bobas & Galegas' e 160 almofadas no escenario
Por Redacción |
-
O 'Presidente' chamou á porta do Teatro Principal para denunciar a manipulación política
Por Diego Torrado |
-
Venres de sesións golfas para o ciclo de Ponteatro no Principal
Por Anxo Lourido |