A Misión Biolóxica consegue reducir a mortalidade dos piñeiros do 40 ao 7%
Por Redacción
Científicos da Misión Biolóxica de Galicia, situada en Salcedo, coa colaboración do Departamento de Ecoloxía da Swedish University of Agricultural Sciencies (SLU, Uppsala-Suecia) conseguiron reducir a mortalidade dos piñeiros do 40 ao 7%.
Nun ensaio piloto da aplicación en viveiro dunha hormona vexetal, o metilo jasmonato, a plántulas de catro das principais especies de coníferas de Europa preactiva o seu sistema inmunitario e incrementa a súa capacidade defensiva.
Deste modo, unha vez establecidas en campo, aumenta a resistencia fronte ao ataque do gurgullo do piñeiro, praga especialmente problemática para a rexeneración dos bosques de coníferas que pode xerar ata o 80% de mortalidade nas plantacións.
A investigación realizouse na Misión Biolóxica tomando como obxecto de estudo o piñeiro do país (Pinus pinaster), o piñeiro de Monterrey (P. radiata), o piñeiro silvestre (P. sylvestris) e a picea europea (Picea abies).
O estudo revelou a efectividade do tratamento nos catro casos e, sobre todo, no piñeiro silvestre, cuxa mortalidade se reduciu do 40 ao 7%.
"Se sabía que la aplicación de esta hormona vegetal aumentaba la concentración de compuestos defensivos de algunas especies agrícolas y arbóreas. Ahora, los resultados que hemos obtenido muestran su efectividad también en la protección de especies forestales en condiciones reales, en campo, frente a una plaga concreta. Se avala, por tanto, su potencial en el ámbito forestal como herramienta fitosanitaria", destacan Rafael Zas e Luis Sampedro, da MBG.
Relacionadas:
-
O Goberno aposta por dous proxectos pontevedreses para mellorar o cultivo do millo
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica avoga pola mellora xenética do millo para evitar riscos alimentarios
Por Redacción |
-
Balón de osíxeno para a Misión Biolóxica
Por Oskar Viéitez |
-
Novidade mundial: Vendense clones de Albariño
Por Oskar Viéitez |