Peche de tráfico matinal este xoves 23 con motivo das obras na praza de Barcelos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anuncia que se procederá ao peche de circulación rodada na intersección da Rúa Rouco coa Praza de Barcelos, entre as 09.15 e as 13.30 horas deste xoves 23 de novembro.
Estableceranse operarios de maneira permanente para alertar aos condutores da medida, que afecta a esa vía situada entre a praza e a Rúa Cobián Roffignac, na contorna do centro escolar.
O Concello de Pontevedra mantén a previsión de que as obras nas vías perimetrais da praza estean finalizadas entre abril e maio de 2024