O PSOE insta á Deputación do PP a acoller 35 inmigrantes africanos na residencia de Príncipe Felipe
Por Redacción
O grupo do PSOE na Deputación de Pontevedra insta á institución provincial a que se ofreza para acoller 35 persoas inmigrantes africanos das que nas últimas semanas chegaron de xeito masivo a Canarias na residencia do centro Príncipe Felipe.
Os socialistas presentaron unha moción na que pide á Deputación que comunique "de inmediato" á Delegación do Goberno en Galicia a dispoñibilidade para acoller temporalmente estas 35 persoas inmigrantes "como mostra de solidariedade diante da crise migratoria que está a sufrir" Canarias.
A moción tamén propón dar traslado deste acordo á FEGAMP, á FEMP e á Presidencia do Goberno de Canarias.
A proposta socialista inclúe unha condena expresa de todas as declaracións e manifestacións de responsables de administracións públicas que están a demostrar racismo e xenofobia, ou, simplemente, "falta de vontade de colaboración interterritorial entre tódolos pobos de España para resolver esta catástrofe humanitaria".
"Esta Deputación debe decidir se é solidaria ou non. Non hai sitio para a ambigüidade", sostén o texto asinado polo voceiro do grupo provincial socialista, Carlos López Font.
O texto da moción lembra que a Deputación de Pontevedra ten unha "tradición acreditada de solidariedade cos pobos que sofren", como se manifestou durante os dous últimos mandatos con accións como a aposta polo apoio ás ONG que traballan no eido da cooperación internacional.
Lembra, desta maneira, que en marzo de 2022, nun momento especialmente cru do conflito bélico en Ucraína, a Deputación anunciou a dispoñibilidade para acoller 35 persoas refuxiadas na residencia do Centro Príncipe Felipe.
Relacionadas:
-
Somos Ponte pon en valor a solidariedade pontevedresa
Por Oskar Viéitez |
-
Activan unha campaña de recollida de roupa e calzado para axudar os inmigrantes acollidos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Concello de Meis e a Deputación colaborarán para mellorar a escola infantil de Mosteiro
Por Redacción |
-
Telmo Marín asegura que "Sanxenxo vai estar á altura como sempre e máis se se trata dun tema humanitario"
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno de Telmo Martín descoñece a situación en que van aloxarse os 350 migrantes
Por Anxo Lourido |
-
Sanxenxo acollerá a 350 dos inmigrantes chegados ás Canarias
Por Oskar Viéitez |