Perde o control do coche e estrélase contra a entrada dun restaurante en Lourido
Por Redacción
Aparatoso e rechamante accidente de circulación o que tivo lugar este domingo en Lourido, Poio.
Un condutor perdeu o control do seu vehículo estrelándose contra a entrada do restaurante-asador La Almacería, situado na Avenida Peirao Besada.
Ocorreu nunha zona que conta con reductores de velocidade ao redor das 14.20 horas.
Segundo informa a Policía Local de Poio o único ferido no suceso, de carácter leve, foi o condutor, e ningunha persoa máis se viu afectada.