Queixas polo estado de "suciedade e insalubridade" do parque infantil de Seixo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou ao goberno local do Concello de Marín o malestar dos residentes de Seixo polo estado de "suciedade e insalubridade" do parque infantil situado xunto á Casa de Cultura.
O concelleiro Tino Iglesias sinalou que estas queixas débense especialmente á "presenza de excrementos de aves así como á acumulación de desfeitos e sucidade en xeral debido á falla de limpeza neste espazo". Asemade, indican que recibiron denuncias de randeeiras rotas, o que levou a notificar á Policía Local para sinalar as pezas danadas e prever posibles incidentes.
Como este malestar "é recorrente" entre as persoas usuarias das instalacións, instan ao Concello a "realizar labores de limpeza e mantemento" ao considerar este parque como único no núcleo de Seixo e está moi frecuentado polos máis pequenos.
É por iso que Iglesias suxire ao goberno municipal a levar a cabo un programa periódico de limpeza para este espazo, así como a posta a punto e mantemento constante dos xogos que se atopan no parque infantil. O concelleiro subliña que "a inversión na mellora deste parque non só beneficiaría a calidade de vida dos residentes, senón que tamén garantiría un entorno seguro e limpo para a rapazada".