![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53486b63d4d6d-congresos.jpg)
© Universidade de Vigo
Pontevedra acollerá entre febreiro e abril dous congresos relacionados coa comunicación
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dous congresos relacionados coa investigación do ámbito da comunicación, un deles de carácter internacional, terán Pontevedra como sede. Trátase do XV Foro de Investigación en Comunicación e o XI Lusocom, que se celebrarán nos meses de febreiro e abril respectivamente. Organizados pola Universidade de Vigo contará co respaldo do Concello de Pontevedra, interesado en atraer este tipo de eventos á cidade.
"ÿ unha interesante aposta da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación pola organización de congresos nacionais e internacionais", sinalou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a presentación dos congresos. "Supón unha grande oportunidade para continuar coa promoción do noso modelo urbán e a nosa cultura e por este motivo seguiremos animando á Universidade a organizar eventos deste tipo".
Segundo explicou Emma Torres, directora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, o XV Foro de Investigación en Comunicación é un evento "puramente académico", pero a súa celebración o 6 e 7 de febreiro atraerá a expertos de 16 universidades nacionais, que pasarán eses días en Pontevedra e "esto é un plus, porque por anteriores experiencias a xente marcha encantada coa cidade".
Baixo o título de O novo diálogo social: organizacións, públicos e cidadáns, os asistentes debaterán sobre do futuro da comunicación no momento actual de cambios sociais e tecnolóxicos. O traballo durante o congreso dividiráse en tres mesas temáticas, sobre tendencias na comunicación corporativa e institucional, modelos produtivos na mensaxe audiovisual e nova cultura publicitaria, ademais de conferencias e actividades culturais.
Pola súa banda, o Lusocom 2014, que terá lugar os días 11 e 12 de abril, atraerá entre 300 e 400 persoas provintes de países como Portugal, Brasil, Angola, Guinea e Cabo Verde. ÿ un congreso que, segundo Torres, "o interese que ten despertado en Brasil é moi grande e esperamos unha grande afluencia". Desde o goberno municipal estudan celebrar algún evento relacionado coa lusofonía que completaría a súa programación.
Celebrarase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e reunirá a expertos que debatirán sobre a realidade e a evolución das marcas territorio dende diversas perspectivas, a través de propostas estudadas en grupos de traballo separados en diversos eidos, como a identidade, a cultura, os medios, a historia, a lingua ou a comunicación en si mesma. Trátase dun concepto que vai máis aló do de Marca País, xa que non se delimita por fronteiras xeográficas ou políticas
Durante a súa estancia na cidade, Turismo de Pontevedra ofertará aos asistentes visitas guiadas a última hora da tarde, entre outras actividades. O obxectivo é que "coñezan a cidade en profundidade e poidan actuar de prescriptores de Pontevedra", segundo sinalou Fernández Lores.