O acusado de abusar de tres menores rexeita "connotacións sexuais" nos seus "xogos"
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Este xoves celebrouse na Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra un xuízo por un caso de agresión sexual a tres menores de idade. Durante a vista oral o acusado declarouse inocente e negou a existencia de calquera tipo de agresión.
A preguntas da Fiscalía e do seu avogado este home explicou que xogaba coas nenas a xogos infantís "sen ningún tipo de connotación sexual" e que tamén lles facía "cóxegas", pero rexeitou que existise calquera tipo de tocamento en zonas íntimas.
A declaración das tres menores tivo lugar a porta pechada.
Os feitos sucederon, segundo o escrito de cualificación, a finais do mes de abril de 2021, nun establecemento hostaleiro situado no partido xudicial de Vilagarcía de Arousa, que funcionaba como vivenda particular fose da tempada alta. Como proba o Tribunal conta coa gravación das cámaras de seguridade do interior do establecemento, das que deu conta á Garda Civil o propio denunciado.
Inicialmente a Fiscalía de Pontevedra solicita 4 anos de prisión para este home acusado de tres delitos de abuso sexual a menor de idade de 13 anos. Solicita 4 anos de prisión por cada un dos tres delitos de abuso sexual a menor de 13 anos.
O Ministerio Público solicita ademais para o acusado a prohibición de comunicarse con cada unha das tres nenas ou aproximarse a elas, aos seus domicilios, ou calquera lugar no que se poidan atopar a menos de 500 metros por un tempo de 10 anos.
Con posterioridade ao cumprimento da pena privativa de liberdade o fiscal pide lle sexa imposta unha pena de liberdade vixiada por un período de 5 anos. Tamén a súa inhabilitación para o exercicio de calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores de idade por tempo de 15 anos.
Como responsabilidade civil, o fiscal considera que o acusado deberá indemnizar a cada unha das tres vítimas con 1.000 euros.
Relacionadas:
-
Un ano e medio de cárcere para o dono dun albergue por agresión sexual a unha menor
Por Redacción |
-
Acepta unha condena de 8 anos de prisión por violar unha menor
Por Oskar Viéitez |
-
Un home condenado a dous anos por abusos sexuais eludirá a prisión se non delinque durante ese tempo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Acepta unha condena de dous anos de cárcere por violar unha menor
Por Oskar Viéitez |
-
Aprazado un xuízo por agresión sexual ao non poder declarar a vítima debido ao seu estado anímico
Por Oskar Viéitez |