Sanxenxo acollerá a 350 dos inmigrantes chegados ás Canarias
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Ministerio do Interior trasladará a Sanxenxo a 350 inmigrantes irregulares desde as illas Canarias, segundo informou este mércores o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Tamén se puxo en contacto co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín para informarlle da situación.
O Goberno de España asumirá os custos da estancia destas persoas que chegarán a Sanxenxo en dous grupos, o primeiro o vindeiro mércores e o segundo o día 8 de novembro.
Pedro Blanco está convencido de que Galicia "volverá demostrar que é unha comunidade solidaria, como evidenciou noutras crises derivadas dos conflitos en Siria, Ucraína ou Afganistán".
A Delegación do Goberno en Galicia explicou que o traslado destas persoas á península é necesario para aliviar a situación de colapso dos servizos de socorro en Canarias e que reciban atención humanitaria e conten cuns servizos mínimos.
Ademais de Sanxenxo tamén serán acollidas unhas 40 persoas máis en Sobrado dos Monxes, que se suman aos 12 que chegaron esta semana a Vigo e os 14 que están xa na Coruña, co que Galicia acollería a uns 416 inmigrantes subsaharianos.
A Xunta pediu máis información para, entre outros datos, coñecer as condicións de saúde de cada persoa, por se necesitan atención médica específica; a idade, ante a previsible chegada de menores; o tempo estimado de estancia en Galicia e a previsión de próximas derivacións de migrantes, entre outras cuestións.
Relacionadas:
-
O PSOE insta á Deputación do PP a acoller 35 inmigrantes africanos na residencia de Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibirá "entre mañá e pasado" os migrantes chegados a Canarias, "entre 60 e 70"
Por Redacción |
-
O ministro Escrivá informa este martes os alcaldes sobre a acollida de migrantes
Por Oskar Viéitez |
-
Vinte e un albergues privados galegos ofrecen 1.050 prazas para acoller aos migrantes de Canarias
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno de Telmo Martín descoñece a situación en que van aloxarse os 350 migrantes
Por Anxo Lourido |