![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/288/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65355bac84-bae26cbd-f382-4441-a0a9-8c94fcaffffa.jpg)
© Festa da Investigación de Tomeza
Entrega de 3.000 euros á Fundación Galega de Medicina Xenómica na Festa da Investigación de Tomeza
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/581/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65355b584a-821441df-1572-419b-bf98-bd309832e21f-1-.jpg)
© Festa da Investigación de Tomeza
O centro social de Lusquiños acolleu este sábado 21 a sétima edición da Festa da Investigación de Tomeza, que organiza a pontevedresa Loli Beloso.
Nesta ocasión recadáronse 3.000 euros que se destinan á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que dirixe Ángel Carracedo. O investigador e catedrático de Medicina Legal acudía á cita e agradeceu o esforzo aos asistentes por realizar esta doazón.
Durante a sesión, Loli Beloso entregaba a Mario Rodríguez, propietario de Cerámica da Ulla, un bosquexo para que se elabore unha Virxe Peregrina coa que recadar fondos destinados ao mesmo fin.
Durante a sesión incidiuse na necesidade de conservar o legado de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane mantendo o Laboratorio de Formas.
Tamén se presentou o libro de poemas de Loli Beloso, que leva por título 'Criaturiña'. O evento contou cun recital poético a cargo de Leonardo Tomás Sánchez Vermellas, Carlota Chan Reguera, Isabel Baena Serantes e Xiana Vidal García. Tamén participou Miguel Martínez, cantautor de Combarro, achegando unha actuación musical.
Relacionadas:
-
A Festa da Investigación de Tomeza celebra a súa sétima edición en beneficio da Fundación de Medicina Xenómica
Por Natalia Puga |
-
Davide Salvado e outros artistas lembran a Mimina no seu 102 aniversario
Por Rosalía Rico Otero |
-
Tomeza lembra a Carmen Arias, Minina, no seu 102 aniversario
Por Redacción |
-
"Éxito rotundo" da Festa da Investigación de Tomeza, que entregou 3.500 euros para a investigación do cancro
Por Redacción |