Rueda visita Cuntis co autobús de 'Galicia non para!'
Por Redacción
O autobús de 'Galicia non para!' no que Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, está a percorrer as provincias galegas detívose este sábado no municipio de Cuntis.
Alí, o máximo representante do executivo galego conversou coa veciñanza aproveitando a tregua da borrasca. Rueda mostrouse interesado polo gran potencial turístico da vila no terreo termal e tamén patrimonial, ao contar co xacemento arqueolóxico de Castrolandín, un dos símbolos do pasado celta de Galicia.
A veciñanza trasladou a súa preocupación pola situación do polígono industrial.
Alfonso Rueda, durante a visita, apuntou a que o PPdeG é un partido cos pés na terra, centrado no avance de Galicia e que non perde o tempo en loitas internas.
Neste encontro, Valentina, unha nena deste municipio de menos de 5.000 habitantes, entregou un debuxo que realizara nun dos pousavasos do autobús de 'Galicia non para'.
O líder dos populares galegos lembrou que está en marcha a páxina web roda.gal para que as persoas trasladen todas as preocupacións e suxestións que detecten.
Relacionadas:
-
Pedro Blanco, delegado do Goberno, supervisa a mellora da calidade urbana na rúa Bernardo Sagasta de Cuntis
Por Redacción |
-
Lores trasladará o luns no encontro con Rueda o seu malestar polos orzamentos "decepcionantes" da Xunta
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta axudará cun bono universal de 5.000 euros ao ano ao coidado de dependentes en casa
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda presenta en Cuntis o programa 'Benestar en balnearios'
Por Redacción |