Petición socialista de mellora integral entre Porteliña e A Barca
Por Redacción
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Poio presentará unha moción no pleno deste mes para instar á Consellería de Infraestruturas a realizar unha mellora integral do Ponte da Barca.
Os socialistas reclaman que se garanta a accesibilidade, a seguridade e a mobilidade universal para as persoas que circulan a pé entre Poio e Pontevedra.
Tamén esixen no texto que a Xunta de Galicia afronte a reforma da seguridade viaria no tramo da PO-308 entre A Barca e A Porteliña.
Gregorio Agís, portavoz socialista municipal, explica que a pasarela pola que transitan os peóns presenta un firme moi irregular con ausencia de medidas que faciliten o acceso a persoas con problemas de mobilidade ou que leven carros de bebé. Tamén denuncian o espazo insuficiente de zona de tránsito a pé.