![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3a3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5432e1de8f-gallardo-n-aborto.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Representantes de asociacións e profesionais médicos debaten sobre a Lei do aborto en Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A reforma da lei do aborto debátese este xoves 30 na Biblioteca Pública Municipal a partir das 20.00 horas, organizado polo Club de Opinión Portocelo. Baixo o título de 'A propósito da Lei do Aborto', intervirán dúas históricas defensoras dos dereitos da muller como son a psicóloga e cofundadora de Mulleres de Pontevedra, Antolina Fernández González, e a voceira en Galicia das asociacións Red Nai, Colomba Viúdez Lomba.
Xunto a estas dúas representantes, tamén intervirá o doutor Diego Murillo Solís, como membro da Comisión Central de Deontoloxía Médica da Organización Médica Colexial, coautor do informe sobre o "anteproxecto da lei orgánica para a protección da vida do concebido e os dereitos da muller embarazada". Durante o acto será presentado o relatorio da feminista e teóloga marinense Mar Grandal, presidenta da asociación 'Católicas polo Dereito a Decidir', que non poderá estar presente no acto e o seu texto será lido por unha representante.
A entrada será libre a toda persoa interesada en asistir e o público poderá participar no coloquio.