Arde un aeroxerador do parque eólico de Monte do Ceo na Lama
Por Anxo Lourido
Ás 12.44 horas deste mércores 18, os servizos de Emerxencia do 112 Galicia tiñan coñecemento dun incendio nun dos tres aeroxeradores do parque eólico de Monte do Ceo, situado na Lama.
Este material pertence, segundo Radio Nova, á empresa Eléctrica Moscoso, distribuidora que opera na zona.
Operarios de Global Energy Services acudían minutos despois de producirse o incendio ata o punto para desenvolver a intervención de seguridade na contorna e comprobar o alcance dos danos.
A turbina do xerador de corrente quedou totalmente afectada polas lapas e os danos superarían os 600.000 euros xa que a turbomáquina motora se atopa calcinada.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias porque o incendio se mantiña activo a primeiras horas da tarde debido á presenza de aceites lubricantes na estrutura.
Este parque eólico de Monte do Ceo foi inaugurado en novembro de 2005. Os tres aeroxeradores ofrecen unha potencia nominal unitaria de 850 kW e a empresa promotora da instalación eléctrica é Saltos do Oitavén.
Relacionadas:
-
Denuncian verteduras de aceites no parque eólico Monte do Ceo
Por Oskar Viéitez |
-
Pleno extraordinario na Lama para escenificar o rexeitamento do pobo ao parque eólico de Monte Peón
Por Redacción |
-
A Comunidade de Montes de Antas interpón un recurso de alzada contra o parque eólico de Monte Peón
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños da Lama protagonizan unha nova manifestación contra o parque éolico que ameaza As Ermidas
Por Redacción |