Rubén González de El Cafetín, segundo no Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia
Por Redacción
A mellor tapa de Galicia é "Falsa Gyoza de Lura, rechea dun guiso de lura na súa tinta, dous bocados de sabor e frescura que recrean os aromas da mar galega", creación de Sheila Barbeito, cociñeira de Roots Coruña, situado na cidade herculina.
Rubén González, cociñeiro de El Cafetín, situado na Alameda de Pontevedra, é o subcampión, coa tapa "Vacalao du crú ao cociñao", que fusiona mar e montaña; vaca e bacallau: elaborada cunha espiña de bacallau acompañada cun tartar de rubia galega, lombo de bacallau confeitado con herbas do litoral, máis un búsquelo de bacallau co seu pil-pil e tenreira curada.
En total, corenta cociñeiros armados con produtos locais e con gran enxeño culinario competiron en formato showcooking para dar vida a creacións únicas e innovadoras que representen os sabores de Galicia nun ou dous bocados.
Todo iso, no marco dun certame de gastronomía en miniatura que contou cun xurado formado por cinco profesionais do escenario gastronómico español.
O Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia, desenvolveuse en Casal de Armán, en Ribadavia, é unha iniciativa da Deputación e Turismo de Ourense.