Charla informativa no Museo Manuel Torres sobre as decisións correctas para contratar luz e gas
Por Redacción
Para que a cidadanía adquira máis información e asesoramento en materia de consumo, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia desenvolve durante este ano a campaña informativa Infoconsumo.
A campaña chega a Marín cunha charla informativa, de entrada libre, que se desenvolverá este xoves 19 de outubro ás 17.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
Durante este encontro, as persoas interesadas poderán adquirir coñecementos sobre os servizos básicos nunha vivenda, con datos sobre a contratación, xestión, consumo responsable e a toma de decisións correctas para contratar luz e gas.
A intención é que os conceptos e situacións complexas que se presentan a diario coas facturas e os contratos analícense dunha forma accesible para o conxunto da cidadanía. Ao mesmo tempo alentarase aos asistentes para realizar un consumo responsable e sostible.