Sae ilesa tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico en Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller resultou ilesa tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico en Cambados.
O accidente produciuse este xoves na Avenida do Salnés, segundo informou o servizo de emerxencias de Cambados.
A condutora do coche sinistrado rexeitou ser atendida por persoal do 061.
No accidente quedou danado, ademais do coche que terminou envorcado sobre a calzada, diverso mobiliario urbano.
Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.