![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/353/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/652572034b-00-down-pontevedra.jpg)
© Xunta de Galicia
Integrantes de Down Pontevedra fan prácticas laborais remuneradas no centro de maiores de Campolongo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas persoas usuarias da asociación Down Pontevedra desenvolven as súas prácticas laborais remuneradas na residencia de maiores de Campolongo. Ata o centro achegábase este martes o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera para coñecer con detalle esta iniciativa.
Unha das persoas de Down Pontevedra exerce funcións de camareiro-limpador mentres que outra se ocupa de recepción. Unha vez que ambas finalicen o seu período de prácticas está previsto que se incorporen dous novos traballadores para realizar esta fase de inserción laboral.
A Xunta de Galicia inviste 20.000 euros por cada entidade que forma parte de Down Galicia para facilitar a integración laboral das persoas integrantes da asociación. En total destínase a estas entidades para estas prácticas un total de 140.000 euros.
Establécese unha fase de prácticas de cen horas e un mes de vacacións. Estes traballadores non poderán realizar xornadas laborais que superen as tres horas diarias. Un técnico de apoio, preparador laboral, instrúe a persoa en prácticas para aprenderlle as tarefas encomendadas.