A Policía localiza por satélite en Marín ao ladrón duns móbiles
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da comisaría da Policía Nacional de Marín procederon a semana pasada á detención dun individuo, veciño de Marín por un presunto delito de furto.
Os feitos desenvolvéronse durante a tarde do día 21 de xaneiro cando unha persoa compareceu na oficina de denuncias da comisaría de Marín denunciando que do interior do seu vehículo lle subtraeran un ordenador portátil e dous teléfonos móbiles.
Estableceuse un operativo tendente á localización dos obxectos a través do dispositivo GPS destes, procedendo á identificación na zona que marcaba o dispositivo a un individuo que portaba estes os efectos subtraídos e que detivo un presunto delito de furto.
Esta persoa tamén portaba un segundo ordenador portátil do cal -realizadas xestións oportunas- se puido saber que procedía dun roubo nun taller na localidade perpetrado tamén a semana pasada.
Os efectos subtraídos foron entregados aos seus propietarios, e o detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Marín.