O PP pide a "renovación urxente" do contrato de recollida de lixo e que se converta en "unha prioridade"
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular en Pontevedra Iago Acuña solicitou este venres a "renovación urxente" do contrato da recollida de lixo do municipio.
Pide o edil que se converta nunha "prioridade" para o goberno local despois de "anos de falta de interese e mala xestión" prorrogando o anterior contrato que regulaba o servizo.
Asegura Acuña que elaborar un novo contrato é necesario ante "o aumento das queixas dos veciños das zonas máis castigadas pola sucidade que se acumula", tanto no centro urbano como nas parroquias do rural.
Fala o concelleiro de "contedores en moi mal estado" e de "verteduras incontroladas" que en ocasións "pasan demasiados días sen recollerse".
Por todo iso o grupo municipal do PP propón crear unha mesa de traballo "co obxectivo de sacar a licitación un contrato realista ante a alarmante falta de persoal e os medios obsoletos que conta Pontevedra".
Relacionadas:
-
Pontevedra espera sacar a licitación en agosto o contrato do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, ante o "reto de aúpa" de ser "pioneira" na súa ordenanza do lixo
Por Alejandro Espiño |
-
O PP considera "alarmante" e "inaceptable" que ningunha empresa se interesara polo contrato de lixos
Por Oskar Viéitez |
-
Queda deserta a licitación do novo contrato do lixo e o Concello explorará "novas vías contractuais"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra reformula e volve licitar o contrato de xestión do lixo
Por Natalia Puga & Juan Manuel García Tajes |