Instalarán sinais na PO-11 para advertir da "especial frecuencia de incidentes con implicación de animais"
Por Redacción
A "especial frecuencia de incidentes con implicación de animais" levou á Dirección Xeral de Estradas a instalar sinais de advertencia na autovía PO-11, a estrada de circunvalación de Pontevedra entre Salcedo e Lourizán.
Esta a única estrada da provincia, dentro da rede do Estado, que figura na relación que publicou o Ministerio de Transportes.
A Dirección Xeral de Estradas estableceu un procedemento sistematizado e homoxéneo para toda a rede estatal de estradas de identificación dos denominados TEFIVA (tramos con especial frecuencia de incidentes viarios con implicación de animais).
Son TEFIVA aqueles tramos que teñen unha lonxitude mínima de 1km nos que no últimos cinco anos rexistráronse polo menos 10 incidentes relacionados con fauna de certo tamaño e algún deles ocasionase un accidente con vítimas.
A accidentalidade con implicación de animais foi aumentando durante os últimos anos, motivado en gran parte polo incremento da poboación da fauna salvaxe no noso país.
Case un de cada cinco accidentes de tráfico provocados por animais no Estado prodúcese en Galicia, segunda comunidade con maior sinistralidade por esta causa, segundo datos do V Informe do Centro de Estudos e Opinión Ponle Freno-AXA de Seguridade viaria.