As obras de humanización de Liñares arrancarán a próxima semana
Por Redacción
As obras para a humanización do núcleo de Liñares, en Poio, comezarán a próxima semana. Así llo trasladou o alcalde, Ángel Moldes, aos veciños.
Esta actuación, que ten un orzamento duns 150.000 euros, contempla mellorar a accesibilidade, renovar o pavimento e os servizos básicos e un novo alumeado público máis accesible.
Vaise a executar con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Moldes, consciente de que as obras sempre provocan algunhas incomodidades, pediu paciencia para os veciños, aos que lles garantiu unha "comunicación constante" co Concello e coa empresa que fará os traballos para intentar que esas molestias se minimicen todo o posible.
Na xuntanza cos veciños de esta zona de San Xoán, o alcalde quixo coñecer a opinión e as propostas dos veciños, xa que, como subliñou, "son os que van convivir diariamente coa humanización da rúa, e por iso queremos darlle a resposta que necesitan".