O Club de Piragüismo de Portonovo recada fondos vendendo empanadas
Por Redacción
O Club de Piragüismo de Portonovo organiza esta fin de semana a V Festa da Empanada Mariñeira para recadar fondos cos que sufragar as actividades que desenvolve ao longo da tempada.
Para celebrar esta festa conta coa colaboración do Concello de Sanxenxo e da Confraría de Pescadores de Portonovo.
Desde este sábado e durante este domingo na lonxa de Portonovo pódense degustar empanadas con ata 19 recheos diferentes como: bonito, peixe espada, mexillóns, algas, vieiras ou congro, con prezos que van dos 4 aos 6 euros.
O loito oficial decretado no Concello polo falecemento do edil portonovés Antonio Cacabelos, afectou á inauguración oficial da festa na que estaba previsto que participase o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e membros da Corporación.
Este domingo terá lugar o Concurso dá Empanada Mariñeira como acto central.